Etiquetas

cartacecambrefuxidapComecei o ano co album ilustrado A fuxida, escrito por Berta Dávila e ilustrado por min, que chegaba ás librarías en xaneiro, despois dunha longa etapa de creación. Non fixemos moitas presentacións del, e todas quedaron na contorna: Betanzos e A Coruña. Agora que o ano está a piques de rematar, gústame facelo, de novo, con este proxecto que tanto tempo nos acompañou a Berta e a min. O xoves 4 de decembro inaugurarei a exposición completa cos cadros que serviron para as ilustracións na sala de exposicións da Biblioteca central de Cambre, e será a primeira vez en que estean todos, xa que o tamaño da sala o permite. E o día 5, venres, estaremos Berta e eu, con Tucho ou Carmela na libraría A Libreira (O Temple, Cambre), acompañadas por Mari Carmen e Víctor, que sempre están dispostos a acoller a arte e a literatura no seu espazo.

Advertisements