Cando era nena sempre ía sobre as rodas dunha bicicleta, case non había coches no pobo polo que podíamos percorrer estradas e camiños sen control. Aínda teño a imaxe da primeira bicicleta un pouco grande que tiven, azul, supoño que unha BH que era a marca estrela daqueles tempos, iso sí, sei que o día que fun por ela a Betanzos co meu pai foi o día 16 de agosto de 1977.  Lembro a data exacta,  porque cando chegamos de volta a casa, na televisión do meu avó daban a noticia da morte de Elvis Presley, e a mín entristecérame moito, roubándome así a ledicia do novo xogo. Despois viñeron outras bicis, non moitas máis porque, pese a que sempre me acompañaron, certo é que as aproveitei moi ben. Tamén hoxe sigo a gozar dos grandes paseos a carón do río sobre a miña bici quizáis xa un pouco velliña de máis.

La_bicicleta-633795508-mainNas vacacións de nadal sustituín as rodas polos pés, e fixen unha boas camiñadas polo monte Pindo, as fervenzas de Fírvado e as praias de Carnota, sempre moi ben acompañada e gozando da paleta de cores que se creaba ao solpor. O que sí fixen foi ver moito cine e, casualmente, algunhas películas nas que a bicicleta é a protagonista: La bicicleta (2006), de Sigfrid Monleón, e Le gamin au vélo (versión española como El niño de la bicicleta) (2011), dos irmáns Dardenne. El_ni_o_de_la_bicicleta-587505947-mainNa primeira, contánse tres historias, tres edades, tres tempos, que se van fiando a través dunha fermosa bicicleta reconstruída a partir de pezas doutras xa desbotadas, ao igual que se vai tecendo a historia dos tres protagonistas. Tal vez queden algúns puntos soltos na composición, pero a mín me gustou. A que me resultou moi interesante foi a dos Dardenne, cunha historia moi diferente, a dun rapaz que é abandoado polo seu pai nun fogar e é acollido por unha muller, que tentará acougar as súas emocións e darlle a familia que precisa.

La_bicicleta_verde-198857857-mainFacendo memoria das películas nas que a bicicleta ten un papel importante lembro varias que tamén me gustaron moito, como é a Wadjda (La bicicleta verde) (2012), penso quea primeira película da directora iraní,  Haifaa Al-mansour, unha marabilla, encantoume, dunha rapaza de 10 anos á que, por tradición, se lle prohíbe a súa maior ilusión, ter unha bicicleta. ë algo que agora nos parece increíble pero na película de Monleón, a muller que protagoniza Pilar Bardén, cóntalle a Julia (bárbara Lennie), como cando ela era nena non estaba ben visto que unha nena andivera en bicicleta, podía perder a virxinidade (fala de España, non Irán).

E tamén me gustaran moito a película china La bicicleta de Pekín (2001), de Wang Xiaoshuai e a vietnamita Tres estacións (1999), de Tony Bui. Ou as xa clásicas Las bicicletas son para el verano (1984) de Jaime Chávarri e O ladrón de bicicletas (1948), de Vittorio de Sica.

Estos días verei a de Alceste à bicyclette (Moliere en bicicleta) (2013), francesa, de Philippe Le Guay, que ten moi boa pinta.

Seguro que hai moitas máis, esas son as que eu lembro agora.

As imaxes e trailers son collidos da web de Filmaffinity.

E aquí un poemiña lembrando aqueles tempos de bicicleta:

 

Tivemos un tempo de cereixas,

ti e eu,

vento nos campos,

anfibias as máns

na auga doce

e os soños a voar

sobre as rodas

dunha bicicleta.


Daquela o vento

so traía paxaros

e peixes,

e peixes e paxaros,

aliñas e escamas,

e sal,

moito sal nos ollos.

 

Tivemos un tempo

de pasos líquidos

deitados no camiño do bosque,

de pequenas bolboretas

azuis,

batendo no ventre

máis forte que nas pétalas.

De lume

e castañas,

de contos,

de música ao espertar,

Ataualpa Yupanqui,

e Brahms,

e Schuman,

de música

baixo as estrelas,

e nas noites de verán,

Elvis,

sempre Elvis.

Advertisements