Etiquetas

,

abula2Hoxe saíu A Bula do mes de marzo, na que eu participo cunha ilustración para os fermosos poemas de André Domingues. A Bula é un proxecto de Paulo Moreira Lopes para o Correio de Porto, inspirada na  Revista Um Conto, un desdobrable que partindo dun A4 queda en A7 con varios poemas, comprimidos, e unha ilustración que dialoga con eles. En portugués unha bula, ademáis de ser o documento pontifico é o prospecto que acompaña a un medicamento, e aquí os poemas preséntanse como comprimidos literarios para sandar calquera mal.

Neste número eu debía dialogar cos poemas de André Domingues, a quen non coñecía, e a quen seguirei a partir de agora, xa que o que del lin me gustou moito. André Domingues ten publicados poemas e contos en varios libros e revistas, e tamén na rede, podedes ler algún relato seu no blogue Enfermaria 6. André ten gañado varios premios, entre eles o  Premio Novos Talentos Fnac Literatura 2011, co libro de contos Sine die. Agora conversamos sobre poesía e recomendámonos lecturas, el en portugués e eu en galego.

Debo agradecer a Renata Carneiro, grande amiga e artista portuguesa esta colaboración, o descubremento da Bula, na que tamén ela ten participado, no número de febreiro, e da poesía e relatos de André. Con Renata teño traballado moito, sempre en proxectos internacionais, a súa grande creatividade e o traballo contínuo fan que sempre saian adiante. Xuntas imos tecendo redes.

A ilustración que realicie é un collage con gravado e fotografía, e según André “ten algo de melancólico e equino”.

Advertisements