Etiquetas

, ,

reproducción de obra de Inma Doval Porto

reproducción de obra de Inma Doval Porto

Dende hai uns meses realizo varias colabouras co Correio do Porto. A primeira foi unha ilustración para A Bula do mes de marzo, dialogando cos poemas de André Domingues. A seguinte, o inicio dunha serie de ilustracións algúns dos relatos do libro “O homen do saco de Cabedal”, de Francisco Duarte Mangas, que se publicarán o dia 15 de cada mes neste xornal. Xa saíu o primeiro, correspondente ao relato “O segundo diluvio” e o 15 de setembro sairá o segundo. ademáis escribín os poemas da Bula de setembro, acompañada dunha fotografía de Xacobe Meléndrez Fassbender.

A parte cultural do Correio do Porto a realiza Paulo Moreira Lopes, a quen puiden coñecer persoalmente esta semana no Porto. Paulo é editor, colaborador habitual en varios xornais e creador dunha revista xa desaparecida, Factor local. Renata Carneiro, grande amiga e artista, foi quen nos presentou, e tamén quen me presentou a André Domingues, con quen, despois de intercambiar moitos correos “literarios e musicais”, puiden cear e falar devagar nun pequeno restaurante de Afurada, despois de visitar a fermosa exposición de Xacobe, Berros no roncar das ondas. Gosto moito dos poemas e relatos de André, quen ten prevista a publicación dun poemario para a vindeira primavera.

 

Advertisements