12377724_10206171612103346_4977632002002180636_oNas últimas semanas foi publicado en Palavracomum, por entregas, a versión electrónica do meu poemario “Bébesme Cízico no canto das sereas” (I, II, III, IV). Editado en papel por arTeu, con 15 exemplares asinados e numerados, impresos en papel Canson edition 250 gr. e ilustrado con cianotipias. Creado para o proxecto de intercambio artístico con Londres e Ullapool, Portable. Algúns dos versos do poema foron traducidos ao inglés por Tati Mancebo, acompañando o libro na exposición de Londres.

Nace a partir da lectura dun mito grego, relatado nos Cantos argonáuticos de Caio Valerio Flaco, e tamén na Viaxe dos Argonautas de Apolonio de Rodas. Clite era a muller de Cízico, rei de Cízico (reino situado no mar Negro, hoxe Bal Kiz, en Turquía), un pobo pequeno de pesca. Vivían en paz ata o día en que chegaron Xasón e os Argonautas e, despois de grandes festas en amizade, cando xa pensaban voltar no seu barco, por unha confusión, mataron a Cízico. Cando Clite se enteirou da morte do seu home quitouse a vida, aforcándose nunha árbore. No lugar do suicidio as ninfas fixeron brotar unha fonte.

Neste poema, Clite é a muller dun home do mar, Cízico, a quen espera cada día, sen saber xa se desexa ou non o seu regreso, pois ela sabe que un día non voltará. Cízico morre no mar e ela, como a Clite do mito, suicídase.

 

Advertisements