Etiquetas

Obra de Inma Doval Porto, ilustración para o Homen do saco

Obra de Inma Doval Porto, ilustración para o Homen do saco. Mixta sobre táboa 80×80 cm

Hoxe pubícase un novo texto de Francisco  Duarte Mangas con ilustración miña, “O homem sem terra”. Forma parte da serie “O homem do saco de cabedal“, que fora publicado en papel (Campo das Letras, 2000) e que o día 15 de cada mes, se publica no Correio do Porto acompañado por unha das miñas obras.

Francisco Duarte é xornalista e escritor, ten publicadas varias obras para público infantil (Elefantezinho verde; O ladrão de palavras; Silvio, domador de caracois…), mais tamén obras para adultos, poesía, relato e novela (Diário de Link -1993, Teorema – Prémio Carlos de Oliveira; A Morte do Dali – Teorema – Grande Prémio de Literatura; ou A fome apátrida das aves, Modo de Ler, entre outras). Sempre vivíu moi unido á terra e os seus textos, moitas veces, parecen estar escritos con ela. O río, as flores, animais, o abandono do campo, os pastores, a auga, as pedras, as árbores e a noite. No seu blogue publica poemas seus que tamén semellan agromar da terra, e qeu dialogan con outros de autores diversos. Deixo aquí o último seu:

A casa do avó.
“na casa do Pai há
muitas moradas”
na da minha mãe
um raminho de alecrim
e  dois gatos dormindo
no silêncio manso do sol”
(Francisco Mangas, en Diario de Link, 23-02-2016).

Advertisements