Libros de artista

Bébesme Cízico no canto das sereas

12377724_10206171612103346_4977632002002180636_oEditado en papel por arTeu, con 15 exemplares asinados e numerados, impresos en papel Canson edition 250 gr. e ilustrado con cianotipias. Creado para o proxecto de intercambio artístico con Londres e Ullapool, Portable. Algúns dos versos do poema foron traducidos ao inglés por Tati Mancebo, acompañando o libro na exposición de Londres.

Publicado en edición electrónica na revistas Palavra Comum, en catro entregas (I, II, III,IV).

IMG_20150506_172932

Nace a partir da lectura dun mito grego, relatado nos Cantos argonáuticos de Caio Valerio Flaco, e tamén na Viaxe dos Argonautas de Apolonio de Rodas. Clite era a muller de Cízico, rei de Cízico (reino situado no mar Negro, hoxe Bal Kiz, en Turquía), un pobo pequeno de pesca. Vivían en paz ata o día en que chegaron Xasón e os Argonautas e, despois de grandes festas en amizade, cando xa pensaban voltar no seu barco, por unha confusión, mataron a Cízico. Cando Clite se enteirou da morte do seu home quitouse a vida, aforcándose nunha árbore. No lugar do suicidio as ninfas fixeron brotar unha fonte.

Neste poema, Clite é a muller dun home do mar, Cízico, a quen espera cada día, sen saber xa se desexa ou non o seu regreso, pois ela sabe que un día non voltará. Cízico morre no mar e ela, como a Clite do mito, suicídase.

Diálogo para unha serea

IMG_4379  Diálogo para unha serea é un fotopoemario realizado por Xacobe Meléndrez (fotografías) e Inma Doval (poemas), un libro de artista que reúne 31 poemas e outras tantas fotografias, unha creación conxunta a modo de conversa “fotopoética”.

IMG_4386

A obra que se presenta é froito da conexión da linguaxe de dous creadores nun camiño común, un xogo no que se cruzan imaxes e verbas, dialogando para lanzar unha miraxe furtiva á infancia, a esa nenez que esvara e se dilúe no oceano. Unha combinación entre a expresión poética e a fotográfica, coma unha cálida aperta entre duas voces que subxetivan a realidade e reproducen o interior nunha imaxe ou nun verso.
Poemas e fotografias foron creados a modo de breves epístolas diárias, durante o mes de abril de 2010.
A edición consta de 31 exemplares formados por 31 poemas impresos sobre papel Creysse sobre os que se montan 31 fotografías glicée em papel de algodón.

 

Coas velas enchidas de bágoas e risos,

despréndese a cutícula que protexe os soños,

esvara lentamente, doe.

Un vago aloumiño,

o des-pracer curvo e calado

dese mar que se achega

e fere  os seus pequenos dedos desenluvados.

IMG_4384

Adagio
Fotopoemario dedicado a Gabriel , con poemas de Inma Doval e fotografías de Xacobe Meléndrez Fassbender, tamén feito a modo de conversa entre os dous, a cada poema hai unha fotografía por resposta, un xogo vivo entre a palabra e a imaxe.
79343 79342 79334 79340

O fotopoemario consta de 9 poemas e 10 fotografias, impreso en glicée sobre papel de algodón Ultra Smooth con tintas minerais, nunha tirada de 9 exemplares numerados e asinados.

Advertisements

3 thoughts on “Libros de artista”

  1. Dialoghi d”amore… no lo entiendo perfectamente todo pero suficientemente para que me suene hermoso, y emocionante la asociación del fotógrafo y de la poetisa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s