Quen

foto de Xacobe Meléndrez Fassbender

Nacín na Coruña, cos ollos limpos e as máns apretadas, nun leito branco de brétema. Mudei de casa e pel, viaxei polo mapa circular do tempo. Hoxe habito nunha cápsula sempre azul en Cecebre, dende a que aprendín a pintar, a gravar con gubias e ácidos a vida e a modelar fragmentos do espacio.

Licenciada en Historia del Arte por la Universidade de Santiago de Compostela. Pintora autodidacta. Formación en gravado na Fundación CIEC (Betanzos, A Coruña) e Museo de Belas Artes da Coruña, da man de Omar Kessel, Antonio Alegre Cremades, Anne Heyvaert, Carmen Navarro, Denis O´Neill ou Ali Ali, así como en obradoiros internacionais impartidos por  Norimasa Mizutani, Matasaka Kuroyanagi, Choichi Nishikawa ou Juan Sebastián Carnero. Formación en escultura na Real Academia de Bellas Artes de Madrid, nos talleres de Mónica Santos Godoy e Iria Rodríguez (A Coruña) e no espazo artístico de João Pedro Rodrigues (Porto).

No 2005 sete gravadores galegos fundamos o grupo Ravar, do que fun membro até setembro de 2009. En 2009 formo xunto a Xacobe Meléndrez Fassbender o colectivo arTeu, dende o que ambos artistas desenvolvemos proxectos de achegamento da arte á sociedade. Inicio así un camiño paralelo á miña faceta artística individual, coa xestión de proxectos artísticos colectivos, organizando e coordinando eventos culturais, exposicións e intercambios internacionais.

As exposicións individuais xiran en torno a 5 proxectos artísticos vivos, en contínua transformación, sempre mantendo a súa esencia.

“O raio verde”  (2012-2013). Mostra de pintura, escultura e gravado. Exposta en: Galería Porto Oriental (Porto, Portugal), Clube do Mar (A Coruña), Centro Oncolóxico de Galicia, 2013, e Espaço de arte Bobogi (Aveiro, Portugal), 2012
Parte da visión fuxidía do raio verde, nunha fermosa Praia da Costa da Morte, Nemiña. O movemento desa pequena pincelada de luz esmeralda é un xogo entre as cores dos cadros e as miradas cómplices das esculturas.

 “Viramundo” (2009-2011) Galería Sargadelos de Ferrol (A Coruña), Casa Indiana (A Coruña), Galería Sargadelos de Madrid, Clínica Aiema (Santiago de Compostela)

Viramundo toma o seu nome dunha canción de Sergio Mendes e o que se presenta, como ben dí a canción, é realmente “ o viramundo virado, cortado a faça e façao, os desatinos da vida…” xa que á concepción inicial da obra engadíuse o destiño que fai mudar e transformar as vidas e as cousas. O proxecto nace no 2009 coa idea de mergullarme no máis fondo de mín e facer unha viaxe pola memoria ata acadar o cerne da creación, ese momento íntimo no que esta xurde, rastrexando nos seus orixes.

“5 luas para un chacmool”. 2008-2013. Bar Fusión, A Coruña

En 1993 realicé unha viaxe a México, entrando en contacto coa cultura maia e azteca, foi ahí onde a figura do Chacmool quedou prendida e mí e pasou a ser tema recurrente da miña obra. Creei historias en torno a este altar pétreo, situando ao Chacmool nun epicentro de vida e morte, creación-destrución, en forte relación cos meus compromisos vitais. En 2002 outra viaxe, a Turquía, deume a ocasión de admirar a Ártemis efesina, deusa da fertilidade, tamén nesa mesma dualidade vida e morte.

Partindo da figura do Chacmool creo un universo de formas e cores que entretexen relacións -en parte fantásticas e en parte basadas na propia mitoloxía- entre esta figura e as deusas da lua e a fertilidade maias e grecoromanas.

“Corpo habitado, auga e aire”.  2007. Museo do Xacemento Romano de Cambre (A Coruña)

Eu son auga e son aire, teño a alma nunha gaiola, son paxaro e son mar. Mitos e iconas enléanse entre as liñas do ácedo, Hainuwelle baila a sua danza de morte. A auga: as verbas, veloces astros azuis. O mar lambendo o tempo, limpando peles douradas, enfrentando corpos de crebas, peiteando cabelos salgados. Máns líquidas escurrindo o temor, deixando esvarar dos dedos a escuma do alén do mar.O ventre cheo de area dourada, as ondas salvaxes empurrando a vida, a lúa roubando a calma e, despois, de novo, o vento con ourizos de estrelas.

“A princesa de Malampur”. En proceso. Album ilus.trado

Hai moito tempo había un fermoso castelo, que se erguía na cima máis alta dun país xa olvidado, Malampur…

Proxectos en colaboración

 Diálogo para unha serea, Fotopoemario. Autora dos poemas, con fotografías de Xacobe Meléndrez Fassbender. Chaves, 2010

 “Triángulo” en colaboración con Ramiro Torres (poesía) e Dubi Bahamonde (saxo). En proceso

“A Fuxida”. Album ilustrado. Autora das ilustracións para un conto infantil de Berta Dávila. Publicado por Biblos, 2014. Exposición das ilustracións: Libraría Biblos (Betanzos), Portas Ártabras (A Coruña).

Rebentos de salitre“. Pintura, escultura e fotografía. Con Xacobe Meléndrez Fassbender

Numerosas exposicións colectivas e intercambios artísticos con outros países, entre outras: “Assobiador” (Galicia-Portugal), “Mulheres e babuchas” (Galicia-Portugal), “Fan art project” (Galicia-Portugal), “Art natura” (Galicia), “Áncora no alén” (Galicia), “Portas” (Madrid), “Calendario” (A Coruña), “Os Dias Da Criação 2007” (Portugal), “Semillas” (Cuba),  “La poesía nos une” (Almería), “Verbas ao vento” (A Coruña)…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s